A Xanela do clic consiste nunha barra situada na parte superior da pantalla. Permítelle escoller as diferentes accións a realizar (botón esquerdo, botón dereito, arrastrar e soltar e dobre clic) cando se preme (xera un clic).
A Xanela do clic sómente é compatíbel co método de clic por demora e ten dous modos diferentes para seleccionar as accións.
Modo normal
Para seleccionar unha acción, prema nun dos botóns da Xanela do clic. Para estabelecer unha acción como predeterminada faga dobre clic no botón da Xanela do clic.
Modo rápido
Este modo evita o tempo que se necesita para realizar un clic. Para seleccionar unha acción, pasar o punteiro por riba do botón da acción desexada. Para estabelecer a acción como predeterminada, prema sobre o botón.
Sen clic
Permítelle desactivar a xeración de clics. Esta función é útil para ler tranquilamente unha páxina, un documento, etc. Adoita acontecer que cando non dominamos control do punteiro, este pode xerar clics non desexados. Para evitalo, prema no el botón «Sen clic» e o método de xeración de clics desactivarase. Para volver a activar a xeración de clics, prema o botón «No clic» outra vez.
Esquerdo
Idéntica función que o botón esquerdo dun rato convencional.
Dereito
Idéntica función que o botón dereito dun rato convencional.
Arrastrar
Equivale a manter premido o botón esquerdo dun rato convencional (primeiro clic) e soltalo máis tarde (segundo clic). Esta acción permítelle arrastrar as iconas do escritorio ou seleccionar un texto, por exemplo.
Dobre clic
Idéntica función que unha dobre pulsación co botón esquerdo dun rato convencional.
Icona de minimización da xanela
Minimiza ou restaura a xanela principal de eViacam.